+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

13/02/2013

A viaxe de Said.

Miles , millóns de persoas saen cada día das súas casas na procura dunha vida mellor. Fuxen da fame, da miseria, do desemprego, da guerra ou da violencia política. Algúns acadan o seu soño, outros deixan a vida no camiño. Said ten un soño...


12/02/2013

Nenos e nenas soldados. Curta de A.I.

Con esta curta quero lembrar no día de hoxe a tódolos nenos e nenas que están sometidos a condicións de escravitude en conflitos armados . Estes minutiños deberían server para tomar conciencia sobre o problema:

Día mundial contra o uso dos Nenos/as Soldados

Fotografía de Philip JOnes Griffith.
O 12 de febreiro de 2002 as Nacións Unidas impulsaron a entrada en vigor dunha norma pola que se elevaba a idade de reclutamento dos 15 aos 18 anos. En realidade, aínda que foi asinada por 110 países, na actualidade  aínda segue habendo nenos nos conflitos bélicos. Non todos entran en combate, hainos cociñeiros, mensaxeiros, espías , escravos sexuais ou ,mesmo, escudos humanos. O que importa é que están vivindo  unha vida que non lles corresponde arrastrados polas mafias e os "señores da guerra".
Ogallá moi pronto poidamos deixar de celebrar este día.

11/02/2013

Haoma

Unha historia que contar, unha música fermosa, unha dose  de poesía, outra de imaxes surrealistas, oníricas; beleza a mans cheas e moito talento. A forza do amor...

10/02/2013

"Vamos a la cama" con Casimiro.

O vídeo que poñían polas noites na TV para que os nenos marcharan para a cama:


1805: Prohíbense as corridas de touros.

Cadro de Francisco de Goya: Toros en un pueblo.
O 10 de febreiro de 1805  un Real Decreto asinado por Carlos IV abolía as corridas de touros en España e nos territorios de ultramar, facía excepción  para os festexos con fins benéficos.
208 anos despois o goberno actual anda ás voltas co tema desoíndo as voces antitaurinas e apoiando a tauromaquía como arte. Arte??  Ainnnsss...

08/02/2013

O emprego

Os seres humanos vivimos nunha sociedade marcada polo traballo : o emprego impón os nosos horarios, os nosos ingresos e o noso lugar na sociedade...; porque para que un estea arriba , outros teñen que estar abaixo. 
Esta curta reflexa unha realidade terrible que nos debe levar á reflexión.