+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

23/01/2013

Día e Noite.

Boa música e unhas imaxes fantásticas. Que é mellor o día ou a noite...? Decide ti.


1931: Morre Anna Pavlova.

O 23 de xaneiro de 1931 morría a bilarina rusa Anna Pavlova.  Unha das mellores bailarinas de tódolos tempos. Actuaba na compañía de Diaghilev e fíxose célebre pola súa interpretación de A morte do cisne. Chegou a ter a súa propia compañía de baile en Inglaterra.
Disfruta do seu talento no seguinte vídeo:

22/01/2013

1788: Nace Lord Byron.

 O 22 de xaneiro de 1788 nacía en Londres George Gordon, Lord Byron. Foi o primeiro poeta inglés que conseguiu ser famoso en vida.O seu primeiro libro , Composicións fugaces, publicado con 18 anos, foi prohibido. Despois dunha longa viaxe por Europa escribiu Peregrinación de Childe-Harold, un largo poema que o deu a coñecer. Máis tarde publicaría O corsario, O infiel.... Tamén é autor de varios dramas, por exemplo, Manfredo ou Marino Faliero. Finalmente vería a luz a que é considerada a súa obra máis importante , Don Juan, un poema no que narra as aventuras  do mítico personaxe  cunha profunda carga de ironía e de sátira.
Aquí tes un enlace para poder ler algún dos seus poemas: http://amediavoz.com/byron.htm

21/01/2013

1950 : Morre George Orwell

O 21 de xaneiro de 1950 morría en  Londres George Orwell, pseudónimo do escritor Eric Balir.
Escribiu varios libros, Días birmanos, Sin blanca en París e Londres, ou Homenaxe a Cataluña  que teñen un hoco na historia da Literatura ,pero os que de verdade o fixeron famoso internacionalmente  foron Rebelión na granxa , unha fábula sobre o estalinismo, e 1984 , unha novela que anticipa  unha sociedade automatizada e vixíada polo Big Brother.
Aquí vai un anaquiño de 1984, a película que adapta a novela. Para que a guerra?

1793: Luis XVI é guillotinado.


O 21 de xaneiro de 1793 Louis XVI era guillotinado en París.  Fora o sucesor de Louis XV e  marido da famosa Maria Antonieta de Austria . Despois da  invasión das Tullerías polo pobo en agosto de 1972 ,foi detido en confinado  coa súa familia na torre do  Temple, de onde saíu para ser condenado a morrer guillotinado.
A súa muller, María Antonieta, non foi axusticiada ata o 16 de outubro do mesmo ano.

20/01/2013

1993: Morre Audrey Hepburn.

O 20 de xaneiro de 1993 morría en Suiza a actriz Audrey Hepburn. Os seus traballos no cine convertírona nun icono do estilo, a elegancia e o bon gusto. Pasou os últimos anos da súa vida entregada a causas benéficas colaborando con  UNICEF na procura dunha vida mellor para a infancia.
Quedarán para sempre as súas películas: Sabrina. Vacacións en Roma, Charada, My Fair Lady, Guerra e Paz, Breakfast's at Tiffanys,etc.
Aquí queda unha escea mítica da gran Audrey Hepburn:

A quoi sert l'amour?

Disfrutade desta curta con música de Edith Piaff. C'est l'amour...!!