+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

05/12/2012

1791: Morre Mozart.

Mozart  por Dalla Rosa
O 5 de decembro de 1791 morría en Viena Wolfang Amadeus Mozart. Con sete anos xa fixo a súa primeira xira europea. Chegou a compositor de cámara do emperador José II. É imposible citar tódalas súas obras, pero entre os seus títulos máis importantes podemos destacar óperas como As vodas de Fígaro, Don Giovanni, A frauta máxica e composicións como o Réquiem, moitas sinfonías, concertos, cuartetos , sonatas, etc.
Aquí vai un anaquiño de A frauta máxica:

03/12/2012

Un conto en lingua de signos.

Aquí che deixo un conto en lingua de signos. A historia é moi interesante, unha princesa que non quería comer perdices...Porque a muller real non necesita ningún príncipe para ser feliz e porque hai príncipes que esconden sapos no seu interior . Polo respecto das persoas sen importar o seu sexo. Polo respecto das persoas sen importar as súas capacidades. Porque para respectar hai que coñecer.

1919: Morre Auguste Renoir.

Autorretrato. Auguste Renoir
O 3 de decembro de 1919 morria  en Cagnes-sur-Mer  o pintor Pierre-Auguste Renoir. É un dos grandes impresionistas. Nos seus cadros podemos  disfrutar do seu gusto pola paisaxe e a figura humana, sobre todo , a da muller. Entre os seus títulos destacan:  Lise, Le Moulin de la Galette, Os bañistas, etc.
Mira este vídeo para coñecer a súa obra: 

02/12/2012

1859: Nace Georges Seurat.

O 2 de decembro de 1859 nacía en  París o pintor Georges Pierre Seurat. Foi  o creador do puntillismo.  No  seguinte vídeo podes ver algúns dos seus cadros, fíxate en como pinta a base de "puntos" de cor. Agardo que che guste, podes experimentar e tratar de facelo ti, por probar...

1923: Nace María Callas.

María Callas
O 2 de decembro de 1923 nacía María Kalogeropoulos, María Callas. Foi unha soprano estadounidense de orixe grega. Considerada durante moitos anos a número un da ópera a nivel mundial. Eu creo que é mellor que a escoites . Os expertos din que esta é a mellor Traviata de tódolos tempos:

01/12/2012

1955: Rosa Parks négase a levantarse no autobús.

O 1 de decembro de 1955 Rosa Loise Mc Cailey, Rosa Parks, muller de raza negra, negouse a levantarse do seu asento no autobús para deixarlle o sitio a un blanco. Este xesto tan sinxelo cambiou a historia dos dereitos civís en EE.UU. Foi levada á cadea por este "delito", pero Martin Luther King, que sería un líder antirracista, empezou unha serie de protestas contra os autobuses públicos de Montgomery. Este foi o xerme dunha riada de protestas contra a segregación racial .

ABRAZO, curta de animación.

O poder sanador dunha aperta desde o fondo da alma: