O 2 de decembro de 1859 nacía en París o pintor Georges Pierre Seurat. Foi o creador do puntillismo. No seguinte vídeo podes ver algúns dos seus cadros, fíxate en como pinta a base de "puntos" de cor. Agardo que che guste, podes experimentar e tratar de facelo ti, por probar...
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
02/12/2012
1923: Nace María Callas.
01/12/2012
1955: Rosa Parks négase a levantarse no autobús.
O 1 de decembro de 1955 Rosa Loise Mc Cailey, Rosa Parks, muller de raza negra, negouse a levantarse do seu asento no autobús para deixarlle o sitio a un blanco. Este xesto tan sinxelo cambiou a historia dos dereitos civís en EE.UU. Foi levada á cadea por este "delito", pero Martin Luther King, que sería un líder antirracista, empezou unha serie de protestas contra os autobuses públicos de Montgomery. Este foi o xerme dunha riada de protestas contra a segregación racial .
30/11/2012
1935: Morre Pessoa.
![]() |
| Fernando Pessoa |
O 30 de novembro de 1935 morría en Lisboa o poeta luso Fernando Pessoa, unha das voces máis importantes da literatura en lingua portuguesa. A partir de 1914 empezou a crear heterónimos, é dicir, persoaxes ficticios aos que Pessoa lles atribúe os seus escritos, por exemplo, Alberto Caeiro, Álvaro de Campos ou Ricardo Reis. A maior parte da súa obra foi publicada postumamente: Poesías de Álvaro de Campos, Poesía de Fernando Pessoa, Odas de Ricardo Reis, etc.
No enlace que aparece a continuación podes ler algúns dos seus poemas traducidos ao castelán: http://www.amediavoz.com/pessoa.htm, e outro para lelos en portugués: http://marmaquinandonotempo.blogspot.com.es/
E aquí un vídeo cun poema seu en portugués, seguro que o entendes todo, somos galegos, falamos galego, o portugués é moi parecido:
1835: Nace Mark Twain.
O 30 de novembro de 1835 nacía en Missouri (EE.UU.) o escritor Samuel Langhorne Clemens, coñecido como Mark Twain. Traballou nos máis diversos oficios ao longo da súa vida, todos eles o enriqueceron como persoa e aportáronlle valiosas experiencias para a súa obra literaria. Ten tres títulos fundamentais: Vida no Mississippi, Tom Sawyer e Huckleberry Finn, nas que reflexa a súa infancia a carón do río Mississippi. Tamén é seu o libro Un ianqui na corte do rei Arturo, ambientada na Inglaterra medieval.
Neste enlace atoparás algunhas frases súas: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=1003
29/11/2012
1924: Morre Puccini.
O 29 de novembro de 1924 morría en Bruselas o compositor italiano Giacomo Puccini. É un dos máximos representantes do verismo na ópera italiana. Entre os seus títulos destacan: Manon Lescaut, Le Villi, La Bohème, Tosca, Madame Butterfly, etc.
Aquí vai un fragmento de Madame Butterfly na voz de Maria Callas, unha xoia!!!
Se non a escoitas , non podes dicir que non che gusta.
Aquí vai un fragmento de Madame Butterfly na voz de Maria Callas, unha xoia!!!
Se non a escoitas , non podes dicir que non che gusta.
1832: Nace a autora de "Mujercitas"
O 29 de novembro de 1832 nacía en Pensilvania (EE.UU.) Loisa May Alcott, novelista. Foi unha gran loitadora e participou nas campañas abolicionistas e na loita polo dereito ao voto da muller. En 1868 publicou unha novela que marcaría a historia de moitas xeracións, Little women , xa que en 1933 G.Cukor levouna o cine e foi todo un éxito . A novela encádrase dentro da literatura xuvenil e a película é para tódolos públicos.Non a viches aínda? Non te preocupes cada ano nas vacacións de Nadal hai algunha televisión que a pon.
Alcott tamén escribiu Homiños, Baixo as lilas e Os rapaces de Jo, ademais dun relato gótico titulado A muller de mármore e unha novela inédita ata 1994, Cacería de amor longo e fatal.
Este é o trailer da película orixinal, pero hai versións posteriores, claro.
Subscrever:
Mensagens (Atom)






