+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

28/11/2012

1912: Nace Granell.

O 28 de novembro de 1912 nacía o coruñés Eugenio Fernández Granell. Foi un recoñecido músico, escritor e pintor escultor,cineasta , aínda que é a pintura a que lle deu máis sona.
Pasou gran parte da súa vida no exilio pola súa ideoloxía , voltou a España en 1985.
A Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela, encárgase de conservar e promocionar o seu legado.
Neste enlace tes acceso á Fundación Granell: http://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php.
E neste vídeo podes ver algún dos seus cadros:

Mantenga limpia España.

Un anuncio do goberno de Franco para convencer a poboación na necesidade de "ser limpos". Ti que fas?

27/11/2012

Toupa

1895: Morre Alexandre Dumas(fillo)

O 27 de novembro de 1895 morría en Versalles (Francia) o escritor francés Alexandre Dumas, fillo do escritor do mesmo nome. O pai fixérase famoso con obras como Os tes mosqueteiros ou O Conde de Montecristo. O fillo entrou na literatura coa obra  Aventura de catro mulleres e un papagaio, pero foi a súa novela A dama das camelias a que o fixo inmortal .Primeiro apareceu como novela , pero despois  fíxose unha adaptación para a ópera A Traviata de Giuseppe Verdi; xa no século XX foi adaptado ao cine ( Camille) , o teatro  e o ballet.

26/11/2012

A flor máis grande do mundo. José Saramago.

Ás veces os pequenos xestos teñen grandes consecuencias. Se todos nos adicaramos a carrexar pingas de auga ,as flores serían máis fermosas e grandes. Unha metáfora da vida para aprender unha boa lección. Disfruta da curta: 

1942: Estréase "Casablanca".

O 26 de novembro de 1942 estreábase en New York a película Casablanca, sen dúbida, unha das películas máis importantes da historia do cine. Os protagonistas erah Humphrey Bogart e Ingrid Bergman e o director, Michael Curtiz. A música estaba composta por un dos grandes da historia da música, Max Steiner; a súa banda sonora será eterna. Está basada nunha obra teatral que nunca chegou a interpretarse, Everybody comes to Rick's. Foi  premiada con tres Óscar .
Tes que vela. De momento, aí che vai unha das súas escenas máis famosas:


25/11/2012

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.

Pensa un pouco no triste que é que haxa que ter un día contra a violencia de xénero. Mira hoxe nos periódicos e na TV e infórmate do número de mortas ao ano, de que se pode facer para axudalas, de que pasa despois do maltrato. Pregunta na casa, é un tema moi serio e nunca é demasiado cedo para enterarse.

"Alma". Curta de animación.

Fíxate ben a ver se hai algún muñeco na tenda que se pareza a ti...