Aquí vai unha curta de Disney ridiculizando o nazismo.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
11/11/2012
1831:É aforcado Nat Turner, antiescravista negro.
Tal día coma hoxe o 11 de novembro de 1831 foi axusticiado en Virxinia (EEUU) o escravo negro Nathaniel "Nat" Turner, un dos maiores antiescravistas na Guerra de Secesión americana.
O 21 de agosto daquel ano encabezou unha rebelión. El e os seus compañeiros pasaron a noite liberando escravos de casa en casa coa consigna de matar a tódolos blancos. En total morreron 55 persoas antes de que os rebeldes fosen detidos. Estivo meses fuxido ata que o prenderon e foi xulgado e condeado a morte. Aforcárono decapitárono e cortárono en anacos. Din que houbo xente que gardou partes do seu corpo como recordo.
Turner quería mellorar as condicións de vida da súa raza pero o que conseguiu foi que se endurecesen as leis. Para algún afroamericano é un heroe.
Está claro que se equivou na forma. A violencia só xenera violencia.
10/11/2012
09/11/2012
1989: Caída do Muro de Berlín.
A noite do 9 ao 10 de novembro de 1989 caeu o Muro de Berlín. Medía 120 km. Fora construído en 1975 e separaba as dúas Alemañas, a oriental e a occidental. Ao longo dos anos da súa existencia houbo unhas 5000 fugas , morreron no intento unhas 200 persoas e moitas resultaron feridas. A xente escapaba das duras condicións de vida do Berlín do Este na procura de algo mellor. Coa caída do Muro empezou a caer tamén a República Democrática de Alemañá e deuse paso á reunificación alemá.
Na película Good Bye , Lennin trátase o tema.
Na película Good Bye , Lennin trátase o tema.
1938: Noite dos cristais rotos.
Coñécese co nome de "a noite dos cristais rotos" a desfeita que os nazis fixeron a noite do 9 para o 10 de decembro de 1938. Os dirixentes do Partido Nacionalsocialista organizaron un "pogrom" ( Asalto contra as propiedades e persoas xudeas e xitanas). Naquela fatídica noite víronse afectadas 7000 propiedades , morreron 36 persoas e foron detidas 20000. Non se entende como despois de tanto sufremento os dirixentes xudeos fan o que fan en Palestina.
08/11/2012
1847 . Nace Bram Stoker
O 8 de novembro de 1847 nacía en Dublín Bram Stoker. Pasou á historia da Literatura como autor de novelas de tema fantástico e ocultista , por exemplo, A xoia das sete estrelas e de contos. Mais o que lle proporcionou un sitio na posteridade foi a súa novela Drácula, convertida en modelo da literatura de terror e fonte de inspiración para películas,series, BD, cadros...O seu protagonista está inspirado nun home real , Vlad Tepes, "o demo", "o empalador", que Stoker converte en vampiro na súa novela.
Aquí tes o trailer dunha das películas que versionan o libro:
1793: Inaugúrase o Museo do Louvre.
![]() |
| Museo do Louvre. |
O 8 de novembro de 1793 inaugurouse en París o Museo do Louvre. Nel podemos atopar moitas das obras máis representativas do arte mundial anterior aos impresionistas. No momento en que se abriu supuxo o paso das coleccións privadas en mans da iglesia, a aristocracia e a monarquía a mans da sociedade que agora podía disfrutar delas nun lugar público.
Subscrever:
Mensagens (Atom)




