+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

25/09/2012

1897: Nace William Faulkner.

Tal día coma hoxe de 1897 nacía o escritor estadounidense William Faulkner. Está considerado pola crítica coma  un dos mestres da literatura americana e o mellor cronista dos cambios que se produciron no seu país a partir da Guerra de Secesión. Empezou cun libro de poesía, O fauno de mármore , pero despois adicouse a escribir relatos onde describía a violencia que estaban vivindo  os estados do Sur. Era un mestre nas técnicas narrativas, manexaba á perfección o multiperspectivismo, o monólogo interior e a fusión do tempo pasado co presente. Non é doado de ler, as frases son moi longas e ás veces resultan enrevesadas ,esixe certo esforzo por parte do lector. Entre os seus títulos destacan: Luz de agosto, Absalón, Absalón!, Os invictos, Réquiem por unha muller...
Aquí vai un vídeo cun poema de O fauno de mármore, é un pouco lento, pero sírveche para ver como era o seu estilo. 

1849: Morre Johann Strauss pai.

Tal día coma hoxe de 1849 morría en Viena Johann Strauss, pai. Foi un famoso compositor e director de orquesta austriaco. Mestre no vals vienés , chegou a compoñer máis de 250 obras entre valses, galops e polcas. Entre as súas obras hai que destacar a Marcha de Radetzky.
Tivo un fillo chamado coma el  que pasou á historia polos seus valses: O Danubio azul ou Vals do emperador, entre outros.
Coñecíala, non?

24/09/2012

Anuncio mítico: Zumosol 1995

 
Pregunta na casa a ver se recordan o anuncio do "primo de Zumosol".

1905: Nace Severo Ochoa.

Tal día coma hoxe de 1905 nacía en Luarca (Asturias) o médico e bioquímico Severo Ochoa. Tivo que marchar a EEUU para desenrolar a súa carreira , alí viviu entre 1941 e 1985 e alí fixo importantes investigacións sobre a síntesis dos ácidos ribonucleico e desoxiribonucleico. Foi Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959 e Premio Santiago Ramón y Cajal en 1982.

1869: Black Friday.

O 24 de setembro de 1869 produciuse en EE.UU unha tremenda caída no mercado financieiro. Tivo lugar porque un grupo de financieiros intentou acaparar o mercado do ouro, isto provocou unha situación de pánico que trouxo consigo unha depresión.
Agora úsase o termo orixinal ,"black friday", para facer referencia a calquer desastre nos mercados financieiros.
A outra gran depresión da historia da bolsa tivo lugar o  24 de outubro, xoves, de 1929 en New York.

23/09/2012

Anuncio mítico: Brandy Fundador 1991

Fíxate en como mezcla os tópicos españoles: cabalo andaluz, touros, mulleres guapas..., con imaxes de cidades internacionais para converter o brandy Fundador en símbolo internacional de España.

1930: Nace Ray Charles.

Tal día coma hoxe de 1930 nacía Ray Charles, un cantante , pianista e compositor americano. A súa imaxe vai unida sempre ás oscuras lentes negras coas que tapaba os ollos , quedara cego aso 6 anos. Aos 15 empezou unha magnífica carreira musical. En 1954 e despois de tocar en distintos grupos, creou a súa propia banda a Rhytm & Blues. Entre os seus títulos máis coñecidos están I Got a Woman, What'd I say,... A súa música vai desde o  soul, o blues o Jazz e o rock and roll.
Seguro que disfrutarás con este tema:

1973: Morre o poeta Pablo Neruda.

Tal día coma hoxe de 1973 morría Ricardo Eliecer Neftalí Reyes Basualdo, mundialmente coñecido como Pablo Neruda, o gran poeta chileno.
A súa vida estivo marcada polas viaxes e a política. En España, sendo cónsul de Chile coincidiu cos poetas da "Generación del 27". Durante a guerra civil española púxose de lado dos republicanos, despois afiliaríase ao Partido Comunista Chileno. O seu traballo de cónsul levouno a varios países de Oriente, México , Francia...En 1970 aoiou a candidatura de Salvador Allende para presidente de Chile.
En canto a súa obra, pasa por distintas fases e toca tódolos estilos: modernismo,surrealismo, poesía de denuncia social,...Os seus títulos máis coñecidos son: Crepusculario, Veinte poemas de amor y una canción desesperada, Residencia en la tierra, Canto general, Odas elementales ou a súa autobiografía  Confieso que he vivido.
Neste enlace tes toda a información que queiras sobre Pablo Neruda: http://www.neruda.uchile.cl/ E a continuación un poema seu: