Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!!
Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Tal día coma hoxe de 1922 nacía o atleta checo Emil Zatopek. É aínda hoxe unha lenda do atletismo mundial conseguiu catro ouros e unha prata olímpicos:
-Medalla de ouro en 10.000 ms e Prata en 5000 nos xogos olimpicos de Londres de 1948
-Medalla de ouro en 5000, en 10000 e en maratón nos XX.OO. de Helsinki de 1952.
Tal día coma hoxe de 1970 morría o guitarrista e cantante estadounidense Jimmy Hendrix ( James Marshall Hendrix). Foi unha figura clave da múscia dos anos 60, un auténtico revolucionario no xeito de tocar a guitarra eléctrica. Entre os seus discos máis importantes están: Are you experienced?, Electric Ladyland, Axis: Bold as Love.
Aquí che queda o vídeo dunha das súas cancións máis sonadas:
Tal día coma hoxe de 1819 nacía o astrónomo , matemático e físico francés Jean Bernard Leon Foucault.
Demostrou que a velocidade da luz é máis grande no aire que na auga e a rotación da terra sobre o seu eixo grazas as oscilacións do coñecido como "péndulo de Foucault". Tamén inventou o primeiro xiroscopio.
Aquí che vai un vídeo no que se explica o funcionamento do péndulo de Foucault:
Tal día coma hoxe de 1791 morría en Madrid o escritor Tomás de Iriarte. Pasou á historia polas súas Fábulas literarias, pero tamén son del títulos como El don de gentes, El señorito mimado, La señorita malcriada ou Los literatos de Cuaresma, etc.
Tal día coma hoxe de 1851 nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán, escritora comprometida cos movementos sociais, culturais e de defensa dos dereitos da muller.
A súa primeira incursión no mundo literario foi cun ensaio-estudio sobre a obra de Feijoo. Despois virían as súas novelas. Declarouse naturalista logo de ler a Émile Zola e deu a coñecer a obra do francés en España para tentar divulgar as súas teorías literarias, primeiro no prólogo da súa novela Viaje de novios e despois na colección de artigos La cuestión palpitante. Os seus títulos máis destacados son: La tribuna, Los pazos de Ulloa, La madre naturaleza, Insolación y morriña, Doña Milagros e os libros de contos Cuentos de Marineda, Un destripador de antaño e El fondo del alma.
Déixoche un documental de media hora que fixo a UNED sobre Emilia Pardo Bazán:
Tal día coma hoxe de 1973 o cantautor chileno Víctor Jara foi asasinado no Estadio Chile ( hoxe, Estadio Víctor Jara) polas forzas represoras comandadas polo xeneral golpista Augusto Pinochet. Víctor Jara era un cantante chileno que facía canción protesta, reivindicando dereitos sociais e denunciando o que non lle gustaba. Era comunista, partidario de Salvador Allende, cando Pinochet deu o golpe de estado pillouno na Universidade ,alí prendeérono e foi levado con moitos outros ao estadio onde foi vilmente torturado e asasinado.
Ti non sabes quen é , pero na casa pode que recorden algún dos seus temas: Te recuerdo Amanda, Plegaria a un labrador,El derecho de vivir en paz, etc.
Antes de morrer deulle tempo a escribir este poema no Estadio:
Somos cinco mil
en esta pequeña parte de la ciudad. Somos cinco mil ¿Cuántos seremos en total en las ciudades y en todo el país? Solo aquí diez mil manos siembran y hacen andar las fábricas. ¡Cuánta humanidad con hambre, frío, pánico, dolor, presión moral, terror y locura! Aquí quédache unha das súas cancións: