Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!!
Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Tal día coma hoxe de 1967 nacía en Dallas o atleta estadounidense Michael Jhonson. Foi ouro cinco veces en tres Xogos Olímpicos e bateu o récord do mundo de 400 metros con 43'18, marca que segue intacta a día de hoxe, sendo campión do mundo en catro ocasións.
Tal día coma hoxe de 1506 morría o pintor italiano Andrea Mantegna. Figura clave do Renacemento, foi un "revolucionario" no mundo da pintura do seu tempo pola orixinalidade na composición, a calidade do debuxo e o sentido da cor. Para moitos pode ser considerado un precursor do Barroco polo seu emprego da perspectiva. Entre os títulos das súas obras destacan: A crucifixión, Madonna da Victoira, O Parnaso, O Cristo morto, etc.
Tal día coma hoxe de 1977 morría asasinado pola policía Steve Biko, un activista anti-apartheid. Pasou toda a súa vida loitando pola igualdade de dereitos máis aló de cuestións raciais. Durante anos estivo saíndo e entrando do cárcere por mor das súas actividades. O 12 de setembro de 1977, foi acribillado polas palas da policía en Port Elizabeth.
Realmente converteuse en lenda unha vez morto. En 1980 o cantante Peter GAbriel publicou un tema na súa memoria, seguiríanlle outras moitas versións. En 1987 Richard Attemborough estrenou a película Cry Freedom na que contaba a vida de Biko protagonizada por Denzel Washington.
Tal día coma hoxe de 1818 nacía Richard Jordan Gatling, inventor da ametralladora que leva o seu nome. En 1862 fundou a Gatling Gun Company para comercializala, a compañía sería absorvida pola Colt en 1897. A súa ametralladora foi declarada obsoleta polo exército dos EEUU en 1911. A pena é que non declarasen obsoletas tódalas armas do mundo. Chegará o día??
Aquí vos queda un vídeo explicativo sobre o seu mecanismo:
Fai uns días traía ata aquí a victoria de Salvador Allende nas eleccións ao goberno de Chile e deixávavos un vídeo coas súas últimas palabras antes de morrer. Tal día coma hoxe un militar; sen escrúpulos,Augusto Pinochet; daba un golpe de Estado que enchería de sangue a historia de Chile. Traicionou a Allende e fíxose co poder dunha maneira vil e rastreira, despois endiosouse e non dubidou en mandar executar e tódol@s que dalgún xeito reclamaban a lexitimidade do goberno de Salvador Allende ou choraban a súa morte. Xa sei que aínda fai poucos días que colguei o vídeo coas últimas palabras do lexítimo presidente de Chile, pero creo que é de lei repetilo porque non volverá a haber outro Allende.