+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

11/09/2012

1940: Nace Briam de Palma

Tal día coma hoxe de 1940 nacía en EE.UU. o director e guionista de cine Briam de Palma.
É un home de fonda formación científica, incluso estudiou a carreira de Física e gañou varios premios científicos cando era mozo.  Pero na década dos 60 descubriu o cine e aí empezou todo. A súa lista de obras está chea de grandes éxitos e de grandes  fracasos. Eu só che vou  citar as que seguro que viches anque non souberas que eran súas. Por exemplo: Os intocables de Elliot Ness, Carrie, Misión Imposible, Caracortada, Greetings,...
Viches algunha? Pois agora xa sabes, de Briam de Palma.
Esta igual che pon os pelos de punta:

1524: Nace Pierre Ronsard

Tal día coma hoxe de 1524 nacía  o poeta francés Pierre de Ronsard. Era xordo. En 1550 publicou  Odas, unha serire de obras  que seguían o estilo de Horacio e Píndaro; despois , Amores e Continuación dos amores. Na súa época os  seus poemas valéronlle o título de "príncipe dos poetas franceses" . Outros títulos seus son: Himnos, Discurso sobre as miserias deste tempo, Elexías, mascaradas e pastorais, Sonetos para Elena, etc.

O que sigue é o enlace dunha páxina adicada á  súa obra:

E este un vídeo cun tema basado nun poema seu, en francés, claro.


08/09/2012

Anuncio mítico: Delapierre anos 60

1645: Morre Quevedo.

Tal día coma hoxe, morría en Villanueva de los Infantes Francisco de Quevedo y Villegas. Foi un poeta moi versátil, cultivou tódolos xéneros e dominou tódolos metros. Estribiu tanto poemas festivos, como satíricos, amorosos, de carácter moral,  ou de sabor popular. Pero tamén foi un gran prosista,  escribiu obras didácticas, morales, religiosas, políticas, satíricas e burlescas.  Entre os seus títulos maís destacados citamos: Los sueños,  Grandes anales de quince días, El Buscón,Tratado de la providencia divina, en prosa; as súas poesías recolléronse postumamente en varias antoloxías:  El parnaso español e Las tres musas últimas castellanas.
Era un xenio da palabra pero era un antisemita encarnizado e un misóxino incorrexible, aínda así é un dos xenios das letras españolas.
Aquí che queda un enlace para ver os seus poemas: http://www.usc.es/~quevd/
Aquí vai un dos poemas de amor máis fermosos de tódolos tempos:



1841: Nace Dvorak

Tal día coma hoxe de 1841 nacía o compositor checo Antonin Dvorak. Pasou  á historia pola súa Sinfonía no novo mundo. Din os expertos que as súas obras están moi influidas polo folclore eslavo. Listz foi o seu mecenas e protector e grazas a el poido  representar e estrenar varias óperas como  Alfred, Wanda. Dimitri, Jacobin, etc. Tamén compuxo danzas eslavas , por exemplo, Dumky.
Aquí che queda un fragmento de Sinfonía do novo mundo.



07/09/2012

Anunico mítico: Pirulo Tropical de Miko 1996

Dime a verdade: Este anuncio non ten moito xeito, non??

1947: Nace Gloria Gaynor.

Tal día coma hoxe de 1947 nacía en EE.UU Gloria Fowler, de nome artístico Gloria Gaynor. É unha cantante americana que seguro que che soa. Entre os seus títulos  máis coñecidos están I Will Survive, Never can say goodbye, I am what I am.
Empezou a súa carreira na banda  Soul Satisfiers pero o éxito chegoulle en solitario  con un son inconfundible, con letras cargadas de mensaxes , foi durante máis de 20 anos a raíña das discotecas.
Aquí che queda un dos seus éxitos:


1962: Morre Isak Dinesen.

Tal día coma hoxe de 1962 morría Karen Blixen, coñecida como Isak Dinesen, escritora danesa.  Viviu anos en Kenia adicándose ao cultivo do café, cando voltou a Dinamarca publicou Sete contos góticos, Memorias de África e Contos de inverno, que lle deron fama mundial. Outros títulos seus son Sombras na herba, Últimos contos, Cartas desde África.
 A súa vida foi coñecida polo gran público coa adaptación ao cine de Memorias de África, unha das grandes películas da historia do cine que deberías ver. Déixoche aquí a BSO para que che entren ganas de vela: fotografía, música, actorazos, vestiario, ambientación...non tén desperdicio. Non perdas máis tempo e busca un momentiño para vela, pode que a teñan na túa casa ou na de algún amigo , ou na biblioteca...Tes que vela!!