+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

06/09/2012

1966: Morre Margaret Sanger.

Tal día coma hoxe de 1966 morría en Tucson Margaret Sanger. Quen era?? Digamos que foi a pioneira, precursora, creadora da Planificación Familiar en EE.UU. , unha feminista comprometida coa muller blanca do seu tempo que sentou as bases de  moitos dos dereitos dos que disfrutamos hoxe. A verdade é que é un personaxe  contraditorio ,por un lado  loitou por dar acceso á contracepción ás mulleres, cría firmemente na necesidade da euxenesia ( aplicación das leis biolóxicas  da herencia ao perfecionamento da especia humana) e aí vén o problema porque os seus postulados conducían ao racismo e a segregación. Entre as súas ideas estaba a de prohibir a entrada no país a "débiles de mente, idiotas, retrasados, locos , sifilíticos, epilépticos, criminais, prostitutas profesionais e outros desa clase". Ela foi unha das que animou aos laboratorios a investigar a píldora anticonceptiva porque era máis partidaria da prevención do embarazo que do aborto. Así que , comulgamos con parte da súa ideoloxía , pero temos que rexeitar a segregación e o racismo, digo eu, non?

1921: Nace Carmen Laforet.

Tal día coma hoxe de 1921 nacía Carmen Laforet. A súa primeira novela , Nada,  entrou na Literatura da man do  Premio Nadal en 1944 , a novela era realista e tremendista, reflexaba  o conflicto existencial dunha rapaza que se traslada a  vivir a unha cidade. Esta obra está considerada unha das obras más importantes da literatura española do século XX. Outros títulos seus son La  isla y los demonios,La mujer nueva,La insolación, Paralelo 35, unha antoloxía de contos titulada La niña y otros relatos ou o ensaio Primeiro viaxe a USA, entre outros...
Aquí tes o enlace para a súa páxina web por se queres aprender algo máis: http://www.carmenlaforet.com/.

Anuncio mítico: Pinypon 1994

Ti coñeces os Pinypon? Pregunta na casa.

05/09/2012

1936. Beril Markham cruza en solitario o Atlántico.

Tal día coma hoxe de 1936 Beril Markham convertíase na  primeira muller en sobrevolar sola o Atlántico. 
Foi unha muller atípica, entrenadora de cabalos, aviadora e aventureria. Anque naceu no Reino Unido viviu a maior parte da súa vida en Kenia que daquela era territorio británico.
Narrou as súas aventuras  no libro de memorias West with the Night, publicado en 1942.
Se te atreves co inglés aquí che queda un vídeo sobre o seu audiolibro:

1569: Morre Brueghel, o Vello.

Parece ser que tal día coma hoxe morreu o pintor flamenco Pieter Brueghel o Vello, e digo "parece ser" porque hai dúbidas de se foi o 5 ou o 9 de setembro.
Era un pintor dos chamados "costumistas", é dicir, que reflexaba nos seus cadros as escenas que vía a cotío ao seu carón. Nas súas pinturas mézclase o humor con certo patetismo que lles dá os seus cadros un aire  especial. Algúns deles recordan aos cadros do Bosco porque parecen secuencias de soños, pero onde máis se inspirou foi no folclore do seu país e na vida rural. Os seus títulos máis coñecidos son: Combate de Carnaval e Cuaresma, A colleita, A sega, A danza dos labregos, etc.
Neste enlace http://www.reprodart.com/a/pieter-brueghel-el-viejo.html podes botar un ollo á súa obra .
Por se che apetece déixoche tamén este vídeo con música e todo:

Fíxate na cantidade de detalles que hai nos cadros, non perdas oportunidade se vas a Madrid de ir velo ao Museo do Prado.

Anuncio mítico: San Miguel 1993

Topicazo!!

04/09/2012

1970: Salvador Allende gana as eleccións.












          O 4 de setembro de 1970 Salvador Allende Gossens ganaba as eleccións presidenciais en Chile como representante da "Unidad Popular".
Allende foi un dos fundadores do Partido Socialista Chileno, durante o seu goberno puxo en práctica unha política socialista , nacionalizou as minas, a banca e os monopolios industriais ademais de comenzar a reforma agraria. En 1973 foi derrocado por o golpe de estado de Pinochet, que se convertiría na bestia negra da historia recente de Chile, ese mesmo día Allende perdeu a vida, pero o seu recordo permanece.
Este é o último discurso de Allende, xusto antes de morrer:


1989: Morre George Simenon.

Tal día coma hoxe de 1989 morría o novelista belga George Simenon. Foi un autor moi prolífico, máis de 600 títulos!!! A súa especialidade eran as novelas policiacas protagonizadas polo inspector Maigret que resolveu os crimes de títulos como O crime do inspector Maigret, Unha confidencia de Maigret, Maigret e o vendedor de viños, etc.  Ademais escribiu obras de carácter autobiográfico como Cando eu era vello, Carta a miña mai, Mentras estou vivo ou Memorias íntimas e Pedigrí. 
Moitas das súas obras foron levadas ao cine e a televisión con éxito.
Hala, a poñer a orella para entender este vídeo en francés: