Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!!
Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
Tal día coma hoxe de 1979 morría en Lausana o escritor ruso Kirill Mijáilovich Símonov, alias Konstantin Simonov. Foi corresponsal de guerra durante a Segunda Guerra Mundial e iso marcouno profundamente. Unha das súas obras máis intensas é o poemario Contigo e sen ti. Outros títulos seus son Rusos, Un rapaz da nosa cidade, O bon nome , O número catro , Os días e as noites e a triloxía Os vivos e os mortos, Ninguén nace soldado e O último verán.
A continuación tes un vídeo do seu poema Espérame no que pide que o esperen mentras el vai á guerra, é moi fermoso. Aparece cantado en ruso , subtitulado en español, é unha marabilla:
Tal día coma hoxe de 1749 nacía en Frankfurt del Main o poeta e dramaturgo alemán Johan Wolfnag von Goethe. Foi el quen introuciu o Romanticismo en Alemaña a través do movemento "Sturm und Drang". é un dos nomes con maiúscula da cultura europea, mesmo mundial. A súa obra máis coñecida é As penas do xove Werter que, agárrate, deu pe a un montón de suicidios na época ( Que cousas!!) Outros títulos seus son Elexías romanas, Epigramas venecianos, Torcuato Tasso, Hermann e Dorotea. Ademais de literato exerceu de biólogo e deixounos Matamorfose das plantas e outros moitos estudos científicos.
Aquí tedes o que se considera o primeiro anuncio cinematográfico da historia, feito polos irmáns Lumière promociona o Licor Cointreau. Data de hacia 1900, non sei o día exacto , pero por unha vez non importa, ou?
Tal día coma hoxe de 1635 morría en Madrid Félix Lope de Vega y Carpio. Pouco teño que contarche del porque aparece en tódolos libros de texto , pero imos darlle un repasiño para rematar cun vídeo que che vai gustar.
Chamábanlle "el Fénix de los ingenios" e "Monstruo de la naturaleza" porque era capaz de escribir unha obra de teatro nunha noite, a súa biografía non ten desperdicio, mira nunha enciclopedia. Despois de mil correrías erótico-festivas acabou sendo cura, pero aínda tivo tempo para ter dous fillos máis dos cinco recoñecidos que xa tiña. Pero imos coa súa obra, a ver cantos títulos recordas ter visto nos teus libros. Empezamos pola lírica: La Dragontea, La hermosura de Angélica, Rimas, Romancero general, La Andrómeda, Circe,, Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos. Na súa prosa podemos salientar: a novela pastoril La Arcadia, a novela bizantina El peregrino en su patria, por exemplo. Pero onde triunfou pero de vez foi no teatro, un renovador auténtico, un rompedor, un xenio...Fálase dunhas 1800, repito 1800 comedias e 400 autos sacramentais, que che parece??? Aí van uns cantos títulos: Fuenteovejuna, Peribáñez y el Comendador de Ocaña, La dama boba, El perro del hortelano, El caballero de Olmedo, etc.
Agora quédache aquí un vídeo , un fragmento da película sobre a súa vida no que se escoita un dos seus poemas máis fermosos, presta moita atención:
Tal día coma hoxe de 1950 morría en Turín o escritor e tradutor italiano Cesare Pavese. Ten feita unha magnífica labor de traducción ao italiano de obras en lingua inglesa. Participou con grupos antifascistas , isto deixou fonda pegada nel.
Autor de versos como Traballar cansa ou Virá a morte e terá os teus ollos ( esta ,editada postumamente), realmente o que o fixo grande foi a súa produción narrativa, de feito , é considerado o iniciador do neorrealismo italiano, entre os seus numerosos títulos podemos destacar: Da túa terra, Festas de agosto, Entre mulleres solas, Antes de que cante o galo, etc. Postumamente publicáronse o seu diario, O oficio de vivir, unha colección de contos Noite de festa , unha novela, Lume grande e un importante estudo crítico A literatura americana e outros ensaios.
Aquí che queda un enlace para saber máis e ler os seus poemas: http://amediavoz.com/pavese.htm
Unha canción con letra de Pavese, para que vexas que a poesía non é un rollo
Tal día coma hoxe de 1880 nacía en Roma o escritor francés Wilheim Apollinaris de Kostrowitzki, máis coñecido como Guillaume Apollinaire.
Foi, sen dúbida, un dos grandes dos vanguardismos europeos de principios do século XX. Participou da arte naïf, dos fauvismos e apoiou aos cubistas e aos futuristas. Foi voluntario na Primeira Guerra Mundial. Entre os seus títulos destacan: dous libros de contos: O encantador en putrefacción, O poeta asasinado; os libros de poemas Bestiario e Poemas a Lou; un drama surrealista: As tetas de Tiresias, varios textos eróticoscomo A fin de Babilonia, As once mil vergas e Memorias dun xove don Juan. Pero ,sen dúbida, o que máis fama lle deron foron os seus poemas gráficos, debuxos formados con palabras, os Caligramas, 86 poemas sobre o tema da guerra e da paz.
Tal día coma hoxe de 1979 morreu Mika Waltari, un escritor finés que se fixo moi famoso cunha novela histórica: Sinué , o exipcio. Outros títulos seus son: O aventureiro, O sultán renegado, O anxo escuro,, Marco, o romano; etc.
Déixoche dúas frases súas que tirei dunha páxina web: