+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

14/08/2012

1956: Morre Bertholt Brecht



Tal día coma hoxe de 1956 morría Bertholt Brecht, un poeta e dramaturgo alemán. Na Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital militar , ao seu remate é un pacifista convencido. Criticaba con dureza á burguesía desde a súa ideoloxía marxista. Coa victoria de Hitler  tivo que exiliarse. Foi sobre todo un teórico do teatro e  un gran autor teatral , entre os seus títulos pódense citar: Baal, Tambores na noite, Na espesura das cidades, A mai,  A cabeza redonda e a cabeza afíada, Madre Coraxe e os seus fillos, O círculo de xiz caucasiano ou A voda dos pequenos burgueses. Tamén hai que suliñar o seu poemaro Libro de sermóns domésticos e a súa novela Historias de almanaque.
Neste enlace recóllense 10 frases súas:http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=120
No seguinte vídeo dáselle un pequeno repaso á súa vida:


2004: Morre o Nobel de Literatura Milosz.

Tal día coma hoxe de 2004 morría en Lituania o Premio Nobel de Literautra Czeslaw Milosz. Baixo o título de Salvación recóllese a súa obra escrita durante a Segunda Guerra Mundial. Na posguerra traduciu a moitos dos grandes: T.S.Elliot, Neruda ou Whitman. En 1953, exiliado xa nos EEUU, publica O pensamento cautivo. Tamén son de destacar o seu poemario A cidade sen nome, as novelas O poder cambia de mans, O val de Issa  ou dous libros autobiográficos: Visións do golfo de SanFrancisco e As miñas obligacións particulares.
Déixoche dous enlaces para dar unha voltiña pola súa obra, aséguroche que merece a pena.
http://www.hoyesarte.com/blogs/de-poesia/10282-milosz-una-palabra-que-protesta-apela-grita.html

13/08/2012

Mitsubishi Galloper con Georgi Dann

"La barbacoa" foi  a típica canción de verán durante varios anos, pregunta na casa, cántalles un anaquiño e verás como a saben!!

1946: Morre H.G. Wells.



Tal día coma hoxe de 1946 morría en Londres o escritor británico Herbert George Wells. De fonda formación científica, pasou á historia polos seus libros "de anticipación". Foi un auténtico visionario e deu conta das súas "predicións" en obras como A máquina do tempo, A illa do doutor Moreau, O home invisible, A guerra dos mundos , Os primeiros homes  na Lúa, Anticipacións, A formación da humanidade ou Utopía moderna; nestes títulos adiantaba un mundo controlado polos científicos e os intelectuais. Tamén escribiu libros de humor como O amor e Mr. Lewisham, Tono-Bungay ou A historia de Mr. Polly. Un título seu, Guerra aérea, anticipaba os efectos dos bombardeos que despois se deron na Segunda Guerra Mundial. 
No seguinte enlace http://mural.uv.es/jorgon/index2.htm tes unha páxina adicada a súa obra e ao mundo da ciencia-ficción; se che interesa o tema bótalle un ollo.

1961: Empezan a levantar o muro de Berlín.



Ao remate da Segunda Guerra Mundial , Berlín quedou dividido en catro sectores de ocupación: inglés, francés,soviético e estadounidense. O enfrontamento entre comunistas e aliados foi a  máis co paso dos anos  ata que deu lugar  a división do país en dúas Alemañas: RFA : República Federal Alemá (sectores occidentais)  e RDA :República Democrática Alemá (sector soviético). O caso é que en 1961 a xente empezou a abandonar  o sector soviético para pasar ao capitalista, cando a RDA se deu conta quixo frenar o éxodo e a noite do 12 de agosto de 1961 decidiu levantar un muro provisional de 155 kms de aramado,así quedou pechado o paso dun lado ao outro. Estivo en pe ata novembro de 1989, mentras, máis de 5000 persoas trataron de cruzalo, moitos morreron no intento.
Agora cando a caída do muro de Berlín xa é historia, moitos empéñanse en lavantar novas fronteiras nos países  modernos e civilizados nos que nos tocou vivir. Cousas dos  homes que son quen de enfuciñar dúas veces coa mesma pedra!!

12/08/2012

Anuncio mítico: Ducados 1992

20 anos!!

1964: Morre Ian Flemming.

Tal día coma hoxe de 1964 morría o escritor  británico Ian Flemming, creador do famosísimo  axente secreto James Bond, 007. Ademais  Flemming foi periodista ,axente de bolsa e membro  secreto da marina británica. Os principais títulos da súa saga  Bond  son: Casino Royale, Doctor No, Desde Rusia con amor, Goldfinger e Só se vive dúas veces; todas elas levadas ao cine con gran éxito.

1827: Morre William Blake.


William Blake foi un artista no amplo sentido da palabra: poeta, grabador e pintor inglés. As súas dotes para o debuxo permitíronlle ilustrar os seus propios libros de poesías. Gustaba do esoterismo, as experiencias místicas, o ocultismo, cousas raras que o inspiraron moito na súa obra.  Entre as súas obras literarias destaca: Cantos da inocencia, Matrimonio do ceo e do inferno e Cantos da experiencia. Algúns cualifícano de precursor do surrealismo. 
No seguinte enlace podes bucear na súa obra poética:http://amediavoz.com/blake.htm
Como ilustrador , destacan os debuxos que fixo para a Divina comedia de Dante, As Noites de E.Young ou O paraíso perdido de Milton.
No seguinte vídeo tes imaxes creadas por el, agardo que che interesen.