+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

06/08/2012

1994: Morre Rosa Chacel.

En 1994 deixábanos Rosa Chacel, narradora, poeta e ensaísta vallisoletana. Foi discípula de Ortega y Gasset polo que estivo vencellada á Revista de Occidente. En 1939 por mor da guerra marchou a Brasil e non voltou ata 1971. Entre as súas obras destacan: Estación ida y vuelta, La sinrazón, Memorias de Leticia Valle e varias antoloxías da súa poesía e dos seus ensaios. En 1987 concedéronlle o Premio Nacional de las Letras Españolas.
Quédache aquí un enlace para que des unha volta polo seu mundo poético: http://amediavoz.com/chacel.htm.

Anuncio mítico: San Miguel , el patrón de la cerveza..


.
Orixinal!

1945. 1ª bomba atómica sobre Hiroshima.


En 1945 Hiroshima era unha prefectura de Xapón de 9647 Km cuadrados e con capital na cidade do mesmo nome. Era unha cidade industrial, que vivía como vivían o resto dos xaponeses antes da Segunda Guerra Mundial. Ninguén sabía onde quedaba Hiroshima nin sabía  da súa existencia. Todo mudou tal día coma hoxe de 1945 cando os americanos lanzaron a primeira bomba atómica. Nada volveu ser igual.

1890: Primeira execución na silla eléctrica en EE.UU.

Tal día coma hoxe de 1890 tivo lugar no cárcere neoiorquino de Auburn a priemira execución en silla eléctrica. O 8 de febreiro de 2008 foi prohibido o seu uso en Nebraska.A silla eléctrica foi patentada por Harold P. Brown, empregado de Thomas Edison, así que para el todo o mérito de ter inventada semexante animalada.

1942: Dinamo de Kiev: O partido da morte.

O 19 de setembro de 1941, Kiev foi ocupada polo exército nazi. Fixeron miles de prisioneiros que mandaron a campos de concentración. Os nazis quixeron "normalizar"  a vida tra-la ocupación así que crearon unha liga de fútbol na que participarían 6 equipos. Un panadeiro colaborador dos nazis atopouse co porteiro do Dínamo, famento, na rúa e deulle traballo. A partir de aí buscaron ao resto do equipo.
Empezou a liga e foron caendo equipos.O máis poderoso era o Flakelf formado por membros da forza aérea  alemá. O 6 de agosto de 1942 tivo lugar o encontro máis importante no estadio de Zenith, os xogadores do Kiev ganáronlles aos alemáns por 5-1. Os nazis, humillados, pediron  a revancha tres días despois. Antes do partido  os xogadores do Kiev foron ameazados pero  negáronse a responder ao saludo nazi co brazo en alto e saúdaron ao estilo soviético. A pesar de que o partido foi arbitrado por un oficial das SS, os xogadores do Kiev ían gañando 5-3 e o árbitro deu por rematado o partido antes do final. Hai dúas verisóns para o que pasou despois:
a) Que os xogadores soviéticos foron fusilados ao remate do partido.
b) Sobreviviron a aquel partido, obligáronos a xogar outro que tamén ganaron e despois uns foron fusilados e dos outros non se soupo máis tras ser levados a campos de concentración.
 A historia foi recreada na película "Evasíón o victoria", pero a realidade supera á ficción.

05/08/2012

1886: Nace Óscar Esplá.

O 5 de agosto de 1886 nacía en Alicante Óscar Esplá. E diredes vós: "e quen é este?". Pois un compopsitor español. Tivo unha completa formación musical con distintos maestros, e era moi bon pero tivo a mala sorte de ser coetáneo de Manuel de Falla que  levou toda a fama. Aínda así é un fito importante na historia da música en España. En tempos da República foi Director  do Conservatorio Nacional de Música e Declamación de Madrid. Por motivos políticos, coa guerra exiliouse a Bélxica. Colaborou co diario Le Soir donde  escribiu defendendo a autores xudeos ou "malditos". Despois viviu en París con grandes penurias económicas que , en parte, aliviou a UNESCO. Déronlle varias condecoracións e recoñecementos  internacionais. As súas obras máis importantes son: El sueño de Eros,Poema de niños,Cíclopes de Ifach ( ballet) Suite levantina, La nochebuena del diablo, Don Quijote velando las armas, Sinfonía Aitana e  fixo arranxos no Himno de Riego  ou Himno Republicano.
Por favor, non deixedes de ver esta xoia de vídeo.


1962: Morre Marilyn

Hoxe fai 50 anos que Norma Jean Baker, Marilyn Monroe, deixaba este mundo aloumiñada por un sono barbitúrico e unhas gotiñas de Chanel nº 5. Uns din que a soidade, outros que a depresión, outros mesmo falan dunha conspiración da mesmísima CIA...O caso é que o mito erótico dos anos 50 adormeceu e non despertou e deixou un baleiro difícil de encher, porque hai belezas que son únicas. Moitos pensaron que era unha loira parva, pero ademais de ter un coeficiente intelectual moi alto era unha devoradora de libros , unha muller culta , que gustaba de aprender e tiña inquedanzas  e desexos de saber máis. Pero á súa figura do estrelato de Hollywood non lle cadraban esas características e pasou por ser mediocre e superficial...
As películas que fixo, na súa maioría, alimentaban esta imaxe do mito Marilyn. Entre as máis coñecidas están: Os cabaleiros prefíronas loiras, Niágara, O príncipe e a corista, A tentación vive arriba, Río sen  retorno...
Non podo pasar sen deixarvos un vídeo con algunhas das súas fotos máis coñecidas. Sírvalle de homenaxe.

1939: Fusilamento das "13 rosas rojas".

Na madrugada  do 5 de agosto de 1939, trece mulleres da prisión de Ventas foron fusiladas por un pelotón contra a tapia do Cemiterio Este de Madrid. Delito cometido? Seren "rojas", pensar diferente aos que lles apuntaban coas súas armas reglamentarias.
Das trece, sete  eran menores.
Para non repetir as barbaridades cometidas ao longo da historia é preciso coñecelas. Aí che deixo un documental para que saibas de que vai a historia.