+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

09/07/2012

Anuncio mítico: 1984, a patinadora de Martini.

Non hai moito que comentar, o anuncio está ben feito e é difícil de esquecer. Os tópicos son inevitables: a camareira vai medio espida , patinando pola cidade para lle levar un Martini a un home poderoso , home de negocios rico e importante. Temos que facer un ,agora , no que o patinador sexa un home que lle vai levar o Martini a unha muller...Ou non, caeríamos no mesmo erro. O vermú é vermú e punto, sexa quen sexa o camareiro.

1879: Ottorino Respighi



Tal  día coma hoxe de 1879 nacía en Roma Ottorino Respighi: compositor, pianista , violinista, director de orquesta... Un crack!
Seguro que tes escoitadas as súas obras sen saber que eran súas.Entre elas destacan As fontes de Roma  e Os pinos de Roma,  esta última forma parte da banda sonora de Fantasía de Walt Disney. Aquí cha deixo:

1764: Nace Ann Radcliffe, autora da primeira novela gótica


Ann Radcliffe naceu o 9 de xullo de 1764 e morreu o  7 de febreiro de 1823. Considérase a pioneira da novela gótica de terror.
Os misterios de Udolfo  é a novela que a fixo inmortal. Foi publicada en 1794. Trátase dunha novela gótica en catro tomos.
Se che gustan estas cousas , xa podes ir empezando a ler ; son catro volumes...!

08/07/2012

1816: Independencia de Argentina.

Tal día coma hoxe de 1816 foi proclamada a independiencia de Arxentina da monarquía española polo Congreso deTucumán.
Déixoche aquí un cachiño da Acta:
"Nos los representantes de las Provincias Unidas en Sud América, reunidos en congreso general, invocando al Eterno que preside el universo, en nombre y por la autoridad de los pueblos que representamos, protestando al Cielo, a las naciones y hombres todos del globo la justicia que regla nuestros votos: declaramos solemnemente a la faz de la tierra, que es voluntad unánime e indubitable de estas Provincias romper los violentos vínculos que los ligaban a los reyes de España, recuperar los derechos de que fueron despojados, e investirse del alto carácter de una nación libre e independiente del rey Fernando séptimo, sus sucesores y metrópoli. Quedan en consecuencia de hecho y de derecho con amplio y pleno poder para darse las formas que exija la justicia, e impere el cúmulo de sus actuales circunstancias. Todas, y cada una de ellas, así lo publican, declaran y ratifican comprometiéndose por nuestro medio al cumplimiento y sostén de esta su voluntad, baxo el seguro y garantía de sus vidas haberes y fama. Comuníquese a quienes corresponda para su publicación. Y en obsequio del respeto que se debe a las naciones, detállense en un manifiesto los gravísimos fundamentos impulsivos de esta solemne declaración." Dada en la sala de sesiones, firmada de nuestra mano, sellada con el sello del Congreso y refrendada por nuestros diputados secretarios.

EAU JEUNE: Anuncio mítico


Este é de 1979. A ver que vos parece...
Se vos fixades, polo peiteado , a roupa , a decoración...case podería ser de agora.

In memoriam: Gerardo Diego (1987).

Tal día coma hoxe de 1987 morreu en Madrid Gerardo Diego. Nacera en Santander en 1896.
Foi un gran poeta da chamada Generación del 27.
Entre a súa obra poética destacan títulos como El romancero de la novia, Fábula de Equis y Zeda.
Como a súa obra é extensa , aquí che vai o enlace por se queres furgar:
Unha idea , por se necesitas decirlle a alguén algo bonito e non sabes como:
Despois dirás que a poesía é un ...

Jean Ray: unha de terror...

Jean Ray naceu o 8 de xullo de 1881 en Gand ( Bélxica). En realidade o seu verdadeiro nome era Jean Raymond Marie de Kremer. É o autor dunha serie policial chamada Harry Dickson, unh
a versión americana de Sherlok  Holmes.
A súa novela máis famosa é Malpertius, que foi levada ao cine por  Harry Kümel e protagonizada por Orson Welles. Tamén escribiu Os 25 mellores relatos negros e fantásticos ou Os últimos contos de Canterbury.
Déixoche un cachiño da película, está en francés pero ao mellor éntranche ganas de pasar medo...

1621: Nace Jean de la Fontaine

Tal día coma hoxe de 1621 pénsase que naceu Jean de la Fontaine en Château-Thierry (Francia). Foi unescritor moi famoso polas súas fábulas recollidas nun libro titulado  Contos e relatos en verso  e en varias coleccións tituladas, simplemente,  Fábulas (1668-1694). Tamén escribiu teatro, entre as súas pezas teatrais destaca Os amores de Psique e Cupido.

Seguro que coñeces moitas das súas célebres fábulas sen saber que son del, aquí che deixo un enlace por se che apetece recordar as máis coñecidas.
E este outro,http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=367, para recordar as súas frases .