+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

27/06/2012

1957: Seat 600

Tal día coma hoxe de 1957 saíu ao mercado o primeiro Seat 600. O coche "último modelo" do momento. Aquí che deixo un "anuncio mítico":

26/06/2012

1908: Nace Salvador Allende.

Tal día coma hoxe de 1908 nacía Salvador Allende.
Foi presidente de Chile entre o 4 de novembro de 1970 e o 11 de setembro de 1973.
Era un político de esquerdas  que intentou conseguir un Estado Socialista, o que chamaron " vía chilena al socialismo".
En 1973, a oposición asinou un documento acusando a Allende de violacións á Constitución. 
Morreu o día  en que Pinochet deu un golpe de estado que o subiu ao poder. Din que Allende se suicidou antes de rendirse.  O caso é que o querían  ver morto por reivindicar a igualdade social e por decir cousas coma estas:


1810: morre o inventor do globo aerostático

Tal  día coma hoxe morreu M. Montgolfier, un dos irmáns aos que se lles atribúe a invención do globo aerostático . Hai quen di que , en realidade, xa o inventara antes Bartolomeu Lourenço Gusmao.

1819: Paténtase a bicicleta

 Tal día coma hoxe de 1819, W.R. Clarkson patentou a bicicleta.
Quen lle ía decir que se convertiría en todo un éxito e que millóns de persoas acabarían usando o seu invento...
Case douscentos anos de historia , eh...!!

25/06/2012

1876: Batalla de Little Big Horn

Tal día coma hoxe de 1876 tuvo lugar a Batalla de Little Big Horn onde o xeneral Custer foi derrotado por "Caballo Loco". ( As historias de indios chegáronnos todas a través de películas en español).

Nese enderezo tes un magnífico documento que che dará a coñecer o tema, problemas técnicos non me deixan subilo. Copia e pega en Youtube, vaiche gustar.

1852: Nace Gaudí


Tal día coma hoxe de 1852 nacía en Barcelona Antoni Gaudí, arquitecto catalán, máximo representante do Modernismo.
Pasou á historia pola súa obra espallada polo territorio español, entre elas destacan: o Parque Güell , a Sagrada Familia e a casa Batlló de Barcelona  ; o Capricho de Comillas, etc.

Déixoche un vídeo para que botes un ollo , seguro que che gusta:




24/06/2012

Ernesto Sábato cumpliría hoxe 101 anos.

Escritor arxentino, naceu tal día coma hoxe en 1911 e morreu no 2011. 
Era un escritor lúcido e comprometido coa sociedade e cos tempos que lle tocaron vivir. 
Entre a súa obra destacan :
_El túnel
_Entre héroes y tumbas.

Tamén permanecerá na memoria colectiva polo seu pensamento,os seus artigos e as entrevistas concedidas nas que falaba sen pelos na lingua. Un señor, vaia!!
Que descanse en paz.

Déixovos un vídeo con algunhas frases súas:

In memoriam: Gardel- Alfredo Le Pera

O 24 de xuño de 1935 perdían a vida Carlos Gardel e o seu letrista, Alfredo Le Pera, nun accidente de aviación en Medellín ( Colombia). A conmoción a nivel mundial foi enorme, Gardel era un mito xa de vivo. 
Carlos Gardel naceu en Toulouse (Francia) como Charles Romoald Gardès o 11 de decembro de 1890, pero con vintesete meses emigrou con súa mai a Arxentina . Cantou tangos ata que morreu.
Le Pera era o seu letrista, un poeta do seu tempo que ademais era guionista de cine e autor da maior parte dos guións das películas nas que Gardel gañou a súa boa merecida fama.
Supoño que non  estades afeitos a escoitar tangos, déixovos "Volver"; pero en Youtube podedes buscar "Adiós muchachos", "Silencio", "La cieguita" , " Malevaje",etc...


Máis recente é o grupo Malevaje  que editou un disco titulado "Con su permiso, don Carlos" e que fan tangos dun xeito máis actual: