Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
05/08/2013
28/07/2013
1858: "Nacen" as pegadas dixitais.
Din que o 28 de xullo de 1858 o inglés Sir William Herschell foi o primeiro en usar as pegadas dixitais como método de identificación persoal. Era o principal maxistrado do distrito Jungipoor da India e usou as primeiras pegadas dixitais para asinar os contratos cos nativos . Realmente, tirou a idea dun negociante local , Rajyaadhar Kunai, que usaba a impresión da súa man na parte posterior dos contratos.
Que conste que xa na antigüidade se usou algo parecido, de feito, apareceron restos en arcilla dalgún xeito de pegada dixital en Babilonia, China ou Persia.
27/07/2013
1953: Armisticio de Panmunjeon.
O 27 de xullo de 1953 asinábase en Panmunjeon un acordo que poñía fin á guerra de Corea, a partir de entón ese punto xeográfico converteuse no símbolo da división ideolóxica, militar e territorial das dúas Coreas.A guerra librouse entre o 25 de xullo de 1950 e o día do armisticio e na práctica enfrontou ao mundo capitalista (EE.UU. e países afíns) apoiando a Corea do Sur e ao mundo comunista (Unión Soviética e China) apoiando a Corea do Norte .
O problema é que a guerra rematou cun armisticio pero sen tratado de paz polo que a Península de Corea está en permanente estado de guerra...
26/07/2013
25/07/2013
23/07/2013
21/07/2013
1933: Wiley Post,primeira volta ao mundo en solitario.
O 22 de xullo de 1933 o piloto Wiley Post completaba a primeira volta ao mundo en solitario a bordo do Lockheed Vega Winnie Mae despois de facer 25100 kilómetros en sete días, 18 horas e 49 minutos. O piloto comezara a súa aventura desde New York o día 15 de xullo rumbo a Berlín onde fixera escala para seguir hacia a URSS, Alaska, Canadá e volta a N.Y.
![]() |
| Post diante do seu avión Winnie Mae |
20/07/2013
1944: Operación Valquiria.
O 20 de xullo de 1944 o exército alemán intentou un golpe de estado para botar do poder a Adolf Hitler e facerse co goberno. O atentado foi levado a cabo por un grupo de oficiais da Wehrmacht ás ordes de Claus von Stauffenberg, un coronel do exército membro da nobreza alemá, na chamada Operación Valquiria.
Un maletín-bomba estoupou na Wolfsschanze ( "A guarida do lobo"), o cuartel xeral de Hitler, pero o Führer sufreu só feridas leves.
Que tería pasado se a operación non fracasase? Cal tería sido o rumbo da historia mundial? Nunca o saberemos.
19/07/2013
1848: 1ª convención polos dereitos das mulleres.
O 19 de xullo de 1848 tivo lugar a Convención de Séneca Falls, a primeira convención sobre os dereitos da muller en EE.UU., considerada a base do feminismo estadounidense, mesmo mundial. Foi organizado por Lucretia Mott e Elisabeth Cady Stanton. Como resultado de tal reunión publicouse a Declaración de Séneca Falls, a Declaración de Sentimentos. Este documento está basado na Declaración de Independenza dos EE.UU. e nel reclaman para as mulleres o dereito de poder votar, de poder presentarse a eleccións, de poder ocupar cargos públicos, de poder afiliarse a organizacións políticas e asistir a reunións. O normal, non? Ninguén fala disto, pero grazas a esta convención estamos hoxe onde estamos, o problema é que aínda hai moitos países nos que non se enteraron. Toca seguir loitando polos dereitos de tod@s, non??
17/07/2013
1793: Guillotinan a Charlotte Corday.
![]() |
| A morte de Marat de Jacques-Louis David. |
O 17 de xullo de 1793 morría na guillotina Marie Anne Charlotte Corday d'Armont, máis coñecida como Charlotte Corday.
Madame Corday pasou á historia polo seu protagonismo na Revolución Francesa no bando dos xirondínos e por ter asasinado a Jean Paul Marat, líder do bando xacobino.
O asasinato de Marat converteuse axiña en tema para obras literarias ( Histoire des girondins de Alphonse de Lamartine ou Marat/Sade de Peter Weiss, por exemplo) e pictóricas (Paul-Jacques-Aimé Baudry, Jacques Louis David ou Santiago Rebull, entre outros, pintaron a escea).
O seu crime valeulle a Charlotte o sobrenome de "o anxo asasino"...
O seu crime valeulle a Charlotte o sobrenome de "o anxo asasino"...
16/07/2013
1967: Quiroga Palacios consagra a igrexa de Aguiño.
O 16 de xullo de 1967 foi consagrado o templo parroquial de Aguiño, no concello coruñés de Ribeira. O dato non tería maior interés de non ser porque é o primeiro templo da era moderna con inscripcións en galego. A súa consagración correu a cargo do cardeal Quiroga Palacios que deu nesa ocasión a súa primeira misa en galego,converténdose así no primeiro cardeal en empregar a nosa lingua no culto relixioso católico.
Aquel foi un pasiño importante no camiño da normalización da nosa lingua, mágoa que agora queiran que andemos ao revés.
Aquel foi un pasiño importante no camiño da normalización da nosa lingua, mágoa que agora queiran que andemos ao revés.
15/07/2013
14/07/2013
13/07/2013
1908: Olimpiadas de Londres.
![]() |
| Dorando Pietri chegando á meta. |
O 13 de xullo de 1908 tivo lugar a cerimonia de apertura dos IV Xogos Olímpicos da Era Moderna que tiveron lugar en Londres. O acontecemento estivo presidido polo rei Eduardo VII e nel participaron 2008 atletas( 37 deles mulleres) de 22 países que por primeira vez desfilaron por estados.
Un dos momentos máis lembrados desta edición olímpica é a chegada á meta do atleta Dorando Pietri na proba de Maratón que despois de 42 km , a piques de caer, desorientado, sen saber por onde seguir, foi axudado a cruzar a liña polos fiscais de pista e a continuación desmaiouse. Os xuíces descalificárono e perdeu o seu título. A raíña Alexandra para compensar o seu esforzo regaloulle unha copa de ouro.
12/07/2013
11/07/2013
10/07/2013
09/07/2013
06/07/2013
1893: Morre Guy de Maupassant.
O 6 de xullo de 1893 morría en París o escritor francés Guy de Maupassant. Foi un escritor de vocación tardía, empezou a escribir aos 30 anos animado por Flaubert. Máximo representante do Naturalismo francés, foi un gran narrador. Fiel aos ditados do movemento naturalista, Maupassant era un gran observador, con gran capacidade para o retrato de personaxes e de ambientes, capaz de retratar cun pouso amargo e despiadado a sociedade pequenoburguesa da súa época. Entre a súa obra sobresaen algúns dos seus contos, entre eles Bola de sebo; as súas novelas Unha vida e Pedro e Xan, Bel ami ou O noso corazón; amén de libros de relatos como A casa Tellier, Os contos da Bécasse ou As irmás Rondoli. A mala fortuna fixo que a última década da súa vida a pasara cunha precaria saúde mental, de feito, morreu nun sanatorio psiquiátrico.
A continuación deixo o enlace para ler o texto completo do relato Bola de sebo: http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/fran/maupassa/bola_de_sebo.htm
05/07/2013
1943: Batalla de Kursk.
![]() |
| Mapa da batalla |
O 5 de xullo de 1943 comezaba a batalla de Kursk, a maior loita entre carros blindados da historia bélica. Enfrontaba as tropas alemás e as soviéticas e durou ata o 23 de agosto do mesmo ano.
Coñécese tamén como "Operación Ciudadela" porque era o seu nome en clave . Tivo lugar na rexión rusa de Kursk e movilizou a milleiros de homes e de máquinas: fálase de máis de 1.300.000 soldados e máis de 6000 vehículos entre cazas e tanques só da parte rusa.
Rematou coa victoria do bando soviético.
Subscrever:
Mensagens (Atom)












